miércoles, 9 de marzo de 2011

Resolución Presidencia convocatoria bases de Lugo Emprega concellos menos 5000 hab. o menos 500 parados

Esta Presidencia en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 7/85, de 2 de
abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, RESOLVE:
1º.- Conforme aos criterios anteditos, o número de traballadores a seleccionar nos
concellos que adheriron ao convenio de colaboración e que contan con menos de 5000
habitantes e menos de 500 desempregados, serán os que se relacionan a continuación:
(Ver Anexo I das Bases )
2º.- Convocar os procedementos selectivos para a selección dos traballadores que
prestarán os servizos de Operarios de Servizos Diversos nos Concellos antes
relacionados.
3º.- Aprobar as bases que rexeran a selección.
4º.- Ordenar a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de
anuncios desta Entidade, no taboleiro de anuncios dos Concellos participantes. e na
páxina web
Pazo Provincial, 12 de xaneiro de 2011.
O PRESIDENTE, José Ramón Gómez Besteiro.- O SECRETARIO, Faustino Martínez
Fernández
www.deputacionlugo.org.

RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE DATA 11 DE XANEIRO DE 2011 POLA
QUE SE CONVOCAN E SE APROBAN AS BASES PARA A SELECCIÓN DE
OPERARIOS DE SERVIZOS DIVERSOS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE
LUGO, DE MENOS DE 5.000 HABITANTES OU MENOS DE 500
DESEMPREGADOS, QUE SE ADHERIRION AO CONVENIO DE
COLABORACIÓN PARA A EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS AO
AMPARO DO PLAN LUGO EMPREGA, FINANCIADOS POLA DEPUTACIÓN
PROVINCIAL DE LUGO.
Vistos os Concellos que se adheriron ao Convenio de Colaboración entre a Deputación
Provincial de Lugo e os Concellos da provincia, para a execución de actuacións
realizadas ao amparo do Plan Lugo Emprega, financiado por esta Entidade, aprobado
polo Pleno da Deputación de Lugo en sesión desenvolvida o día 28 de decembro de
2010.
Visto que para o cumprimento do obxecto deste convenio a Deputación Provincial de
Lugo, entre outras cousas, debe determinar o número e a categoría do persoal que será
obxecto da financiación para cada Concello, así como realizar o proceso de selección
dos traballadores, para unha vez rematado, remitir ao Concello correspondente a
oportuna relación de aspirantes seleccionados co obxecto de que se proceda á
realización dos contratos de traballo.
Considerando o establecido no Anexo a proposta da Presidencia sobre á aprobación do
Plan Lugo Emprega, no que se establecen os criterios obxectivos que se utilizarán na
asignación de efectivos a cada un dos Concellos, establecendo como categoría
profesional a de Operario de Servizos Diversos que literalmente dí:

Na asignación individualizada do número de traballadores a cada Concello, teranse
en conta os seguintes criterios:
-Tódolos Concellos contarán cun mínimo de 4 traballadores
O máximo de traballadores, un total de 73, asignarase ao Concello de Lugo, o que
representa aproximadamente un 10 % do total do Plan.
-De acordo con ditos criterios e tomando como referencia a porcentaxe que representa
a poboación de cada un dos Concellos en relación coa poboación total da Provincial,
excluída a do Concello de Lugo, a distribución dos traballadores será a seguinte:
Concellos de ata 1000 habitantes....................4 traballadores
Concellos entre 1001 e 3000 habitantes.........7 traballadores
Concellos entre 3001 e 5000 habitantes..........9 traballadores
Concellos entre 5001 e 7500 habitantes.........13 traballadores
Concellos entre 7501 e 10.000 habitantes........20 traballadores
-Aos municipios que teñan máis de 10.001 habitantes asinaráselles un traballador máis
por cada mil habitantes ou fracción.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario