martes, 8 de marzo de 2011

A CIG "impugnará" o proceso de selección do plan 'Lugo Emprega' da Deputación

Segundo denunciou, o proceso foi "manifestamente ilegal", sobre todo naqueles municipios de menos de 5.000 habitantes que é onde a Deputación de Lugo "interveu directamente".
Ferreiro sinalou que "as irregularidades cometidas están orientadas a alterar dunha forma substancial o proceso de selección", a minimizar o valor da parte obxectiva ou exame e outorgarlle máis peso á parte subxectiva ou entrevista.
Ademais, a CIG detectou como en varios casos persoas vinculadas "ao sindicato ou ao nacionalismo" sacaron resultados "moi positivos" na fase de exame e logo nas entrevistas "foron relegados aos últimos lugares para que, desta forma, quedasen sen ser seleccionados".
"ESTRATEXIA PROGRAMADA"
Neste escenario, alertou de que se trata dunha "estratexia programada" ao incluír unha entrevista persoal para "seleccionar postos de traballo deste tipo, para o cal non parece moi necesaria", xa que o persoal seleccionado actuará como operario de servizos xerais nos concellos.
Á súa vez denunciou que, nas entrevistas, "teoricamente orientadas a valorar o currículo e experiencia profesional", xente con boa nota no exame e máis de 20 anos de experiencia na profesión á que optaban "lles deron puntuacións ridículas" para que non fosen seleccionados".
A xuízo de Ferreiro, "non é normal que máis do 60 por cento das persoas que sacaron a máxima puntuación na fase de exame quedasen logo sen ser seleccionadas para o posto".
http://es.noticias.yahoo.com/5/20110301/tlc-a-cig-impugnar-o-proceso-de-seleccin-9e19548.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario