Besteiro supervisou as obras nas CP 6509 do Carrizo a Lousada e CP 2206 de Casanova por Lousada á de Lanzós a Vilapedre, dotadas de 1,5 millóns de euros do Plan Extraordinario
O organismo provincial mellora máis de 11 quilómetros dunhas estradas moi transitadas que enlazan coa autovía Ferrol-Vilalba, e coa comarcal Cabreiros-Viveiro
O organismo provincial mellora máis de 11 quilómetros dunhas estradas moi transitadas que enlazan coa autovía Ferrol-Vilalba, e coa comarcal Cabreiros-Viveiro
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou este xoves as obras de mellora que o organismo provincial está a executar nas estradas CP 6509 do Carrizo a Lousada, -concretamente dende o punto quilométrico 0,000 ó 9,277-, e na CP 2206 de Casanova por Lousada á de Lanzós a Vilapedre, neste caso dende o punto quilométrico 0,000 ó 1,950. Besteiro salientou que a Deputación achega máis de 1,5 millóns de euros do Plan Extraordinario de Obra Pública posto en marcha para adiantar a saída da crise na provincia, ó acondicionamento de máis de 11 quilómetros de dúas vías que unen ós Concellos de Vilalba e Xermade, dando traballo a 30 persoas.
Os recén contratados, -peóns, maquinistas, capataces, enxeñeiros...-, están a levar a cabo as seguintes actuacións: eliminación de curvas perigosas, ensanche da plataforma pasando dos 4,5 metros ós 6,5 metros, aglomerado en quente, apertura de cunetas, sinalización vertical e horizontal, e colocación de ollos de gato.
O titular do organismo provincial destacou que “con estes traballos, melloramos e deixamos en ópticas condicións unhas estradas moi transitadas ó facer de enlace coa autovía Ferrol-Vilalba, e coa comarcal Cabreiros-Viveiro. Estas obras eran máis que necesarias debido ó numero de usuarios que rexistran, dende ós veciños da zona, ó transporte escolar ou a ducias de vehículos pesados”. En abril, ambas as dúas estradas estarán listas.
A Deputación investiu a maiores preto de 1 millón de euros no acondicionamento de 75 quilómetros de estradas provinciais e municipais en Xermade, así como na mellora de servizos municipais solicitados polos veciños, que o Concello non asumiu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario