O organismo provincial asume o custe total da infraestrutura que disporá de 118.000 metros cadrados, dos que 10.000 xa foron reservados por unha empresa
Previamente, a Deputación levou a cabo os traballos de abastecemento de auga e de urbanización; obras coas que contribuíu a manter outros 16 empregos
O 21 de febreiro os 164 aspirantes deste municipio realizarán a 1º proba para atopar traballo co Lugo Emprega; o Plan co que 20 parados atoparán traballo
Previamente, a Deputación levou a cabo os traballos de abastecemento de auga e de urbanización; obras coas que contribuíu a manter outros 16 empregos
O 21 de febreiro os 164 aspirantes deste municipio realizarán a 1º proba para atopar traballo co Lugo Emprega; o Plan co que 20 parados atoparán traballo
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Chantada, Manuel Anxo Taboada, supervisaron este venres o inicio das obras de ampliación do polígono dos Acivros que está a executar a Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA). Esta iniciativa enmárcase dentro do obxectivo de SUPLUSA de crear solo industrial nos Concellos ó tempo que favorece o asentamento de empresas na provincia e, por tanto, contribúe a xerar novos postos de traballo.
Neste senso, Gómez Besteiro explicou que “cumprimos o noso obxectivo en Chantada, logrando investir 10 millóns de euros. Estamos nun momento no que todas as administracións temos que pensar en como frear o desemprego, xa que Galicia liderou o paro en España en 2010. Esta é unha moi desmandada e desexada, e vai supor a creación de 80 postos de emprego. Así o que temos que facer. Mentres outros non asumen as competencias e miran para atrás, outros esforzámonos e traballamos por dar traballo á xente”.
As obras de ampliación desta área industrial, que teñen un orzamento de 2.830.000 euros e unha superficie de 118.000 metros, estarán rematadas en 2011. Deste xeito, o organismo provincial financia o 100% dos traballos, aforrando este custe ó Concello. “Mentres coa anterior Deputación en Chantada se fixeron cero metros, nós fomos capaces de poñer en marcha esta iniciativa coa que satisfacemos unha vella demanda deste municipio e impulsamos o desenvolvemento económico non só deste Concello senón tamén da comarca. Neste senso, podo confirmar que unha empresa xa reservou unha parcela de 10.000 metros”.
Pola súa banda, o Alcalde destacou que “nesta lexislatura conseguimos desbloquear o polígono industrial grazas á Deputación. Esta é unha inversión con futuro. Xa temos empresas interesadas na ampliación das súas instalacións como Estrella Galicia; o que suporá a creación de novos postos de emprego en Chantada”.
O máximo mandatario provincial lembrou que esta non é a única actuación que a Deputación acomete nesta área industrial. Previamente, executou a reurbanización da mesma; actuación para a que se destinaron 45.226 euros dentro do canon. Ademais, dotou do subministro de auga necesario. Para a execución desta última actuación, que tivo un investimento de 170.000 euros, contouse co financiamento do Ministerio de Administracións Públicas, a Deputación e o Concello a través do Plan de Obras e Servizos de 2010. Neste caso, a aportación provincial foi de 22.347 euros. Con estas dúas obras, a Deputación mantivo outros 16 postos de traballo.
Dende 2008 a Deputación executou 8 polígonos que suman máis de 1 millón de metros cadrados, superando os 15 millóns de euros de investimento. Neste momento continúan as obras do de Castroverde, que rematarán en 2011, e en marzo iniciarase o de Paradela. En 2009 finalizaron os de Ourol e Baleira e, en 2008, o de Friol, no que só falta que a empresa eléctrica soterre a liña de alta tensión. Tamén están en marcha os de Riotorto e Fonsagrada. Con estas actuacións, a Deputación favorece o asentamento de novas empresas e, por tanto, a creación de novos postos de traballo na provincia.
Máis traballo en Chantada con Lugo Emprega
Chantada é un dos 66 Concellos que se beneficia do Lugo Emprega, o programa dotado con 8 millóns de euros e co que a Deputación reduce o desemprego na provincia, dando traballo a 771 desempregados. Neste municipio, que forma parte dos Concellos de máis de 5.000 habitantes e con menos de 500 parados, a institución provincial destina máis de 217.000 euros para a contratación de 20 desempregados. En total, 164 persoas foron seleccionadas para participar nas probas que se desenvolverán o 21 de febreiro, ás 17:00 horas no Instituto de Formación Profesional. Do número total de contratados, que estarán a pleno rendemento o 1 de marzo, 16 destinaranse á brigada de obras e o resto para os servizos de turismo, medio ambiente, policía local e administración. Este Concello pechou o ano 2010 con 565 desempregados e non tivo ningún obradoiro da administración autonómica.
Outros investimentos en Chantada
A Deputación está a realizar un grande esforzo inversor no Concello de Chantada, xa que as actuacións anteriores súmanse a outras executadas neste municipio no que vai de mandato e que ascenden a 10 millóns de euros. É o caso das 12 obras que se subvencionaron dentro do Plan de Comunidades Veciñais, das actuación contempladas no canon e que supuxeron un investimento de 5 millóns de euros ou do mantemento dos 111 quilómetros de estradas provinciais. Ademais, por primeira vez, os 9.000 veciños de Chantada estarán seguros coa rede provincial de bombeiros que entrará en funcionamento o 1 de maio. Asimesmo, a Deputación tamén aforra a este Concello 300.000 euros co programa Innova-TE, a través do cal os veciños xa poden facer trámites administrativos por internet dende as súas casas. Só falta que a Xunta estenda a banda longa e lles garante a cobertura suficiente para poder usar a Rede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario