Serán persoas deste Concello que actualmente están en paro e que traballarán, durante seis meses, realizando tarefas de mantemento e mellora das áreas verdes que xestiona SUPLUSA en Vilasouto e o río Mao
A Deputación, co obxectivo de non discriminar ós veciños deste municipio logo da decisión do Alcalde de non adherirse á iniciativa, puxo en marcha un plan específico que foi aprobado a principios de mes
Antonio Gato anuncia que a finais de marzo, iniciaranse os traballos de mellora da estrada de Marco de Álvare, en Riotorto, incluída dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública
A Deputación, co obxectivo de non discriminar ós veciños deste municipio logo da decisión do Alcalde de non adherirse á iniciativa, puxo en marcha un plan específico que foi aprobado a principios de mes
Antonio Gato anuncia que a finais de marzo, iniciaranse os traballos de mellora da estrada de Marco de Álvare, en Riotorto, incluída dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a encomenda de xestión á Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) para iniciar a vindeira semana o proceso de selección das 7 persoas que atoparán traballo durante seis meses co Lugo Emprega. Deste xeito, o organismo provincial abrirá nos próximos días o prazo para a presentación de solicitudes que deberán formularse no Pazo de San Marcos e, a continuación, realizaranse os exames co obxectivo de que os novos empregados estén a pleno rendemento en quince días.
Serán persoas deste Concello que actualmente están en paro e que a Deputación contemplaba contratar mediante o Lugo Emprega, pero que non puido facer debido a que o Alcalde do municipio, Ángel Camino, rexeitase a súa adhesión, o que obrigou ó organismo provincial a desenvolver un plan específico. Traballarán realizando tarefas de mantemento e mellora das áreas verdes que xestiona SUPLUSA en Vilasouto e o río Mao. É dicir, actuarán no encoro do Val de Lemos que abastece auga a Monforte de Lemos. Ademais, tamén se encargarán do inicio das obras de recuperación da Casona, situada na zona coñecida como polígono 1.
Co Plan Lugo Emprega, 711 desempregados conseguirán traballo. O éxito da iniciativa, que, pola súa contía e ambición non ten precedentes na comunidade galega, queda de manifesto na avalancha de solicitantes rexistrada; un total de 6.700. A Deputación financia con fondos propios o Plan, dotado con 8 millóns de euros, polo que a débeda pública non se incrementará coa súa posta en marcha. Deste xeito, o organismo provincial reduce o número de parados na provincia ó tempo que incrementa a cooperación cos Concellos nun momento no que están a pasar por unha delicada situación económica, o que provoca unha redución na prestación de servizos.
Máis obra pública na provincia
A Deputacion, dentro do seu obxectivo de aumentar a obra pública e de crear emprego na provincia, aprobou novas actuacións nos Concellos de Riotorto, Fonsagrada e Lugo, por valor de 1,2 millóns de euros. Neste senso, o voceiro provincial socialista, Antonio Gato Seongas, anunciou que a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación da mellora da estrada que vai de Marco de Álvare ás Rodrigas, no municipio da Mariña, de tal xeito que a finais de marzo o organismo provincial iniciará os traballos que afectan ó treito comprendido entre o punto quilométrico 0,000 ó 5,800. Esta actuación conta cun investimento de 1.031.901 euros e inclúese dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública, que aprobou en abril do ano pasado a Deputación para adiantarse á saída da crise.
Os traballos inclúen a aplicación de aglomerado en quente, ademais da sinalización vertical e horizontal e da instalación de ollos de gato. Deste xeito, garántese tanto a calidade como a durabilidade da estrada. Neste senso, Antonio Gato destacou o grande esforzo que está a facer o organismo provincial en materia de infraestruturas, “un traballo que choca directamente co que está a facer a Xunta de Galicia, quen baixou un 80% a licitación de obra pública no primeiro mes do ano”.
Segundo o informe da Seopan (a asociación que agrupa ás principais empresas da construción en España), o Executivo Galego mobilizou en xaneiro 179 millóns de euros a través da convocatoria de obra pública, o que coloca á administración galega como a terceira do mapa autonómico que máis contraeu a licitación, por detrás de Navarra, que non mobilizou nin un só euro e de Castela A Mancha, onde o descenso foi do 83,3%. “É dicir, senón fose pola Deputación, nestes momentos na provincia non se faría nin unha soa obra. Este é o gobeno de Fejóo que temos. En definitiva, a Deputación está suplindo á Xunta claramente tamén nesta materia”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario