O Presidente supervisa os traballos de mellora na rede de abastecemento en Begonte e Baamonde incluídos dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública
Trátase dunha obra solicitada á Deputación e á Xunta. O organismo provincial asume a 1º fase achegando 334.000 euros, e dando traballo a máis de 10 persoas
Ante a falta de resposta do Goberno galego, Besteiro salienta que “a Feijóo non lle preocupa nada. Agora di que o paro non é a súa responsabilizado. Estou escandalizado de ver como se pode facer tal deixadez de competencias”
Trátase dunha obra solicitada á Deputación e á Xunta. O organismo provincial asume a 1º fase achegando 334.000 euros, e dando traballo a máis de 10 persoas
Ante a falta de resposta do Goberno galego, Besteiro salienta que “a Feijóo non lle preocupa nada. Agora di que o paro non é a súa responsabilizado. Estou escandalizado de ver como se pode facer tal deixadez de competencias”
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto co Alcalde de Begonte, José Antonio Vázquez, supervisou este xoves as novas actuacións que executa o organismo provincial en dito Concello. Trátanse das obras de mellora na rede de abastecemento nos núcleos de Begonte e Baamonde. A Deputación inviste nestes traballos 334.000 euros dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública posto en marcha para adiantar a saída da crise na provincia. Gómez Besteiro salientou que “cumprimos o obxectivo do noso Plan: creamos emprego, e cooperamos cos Concellos mediante a mellora de servizos municipais. Con estas actuacións, ó tempo que damos solución ós problemas no subministro de auga que dende hai anos sofren os veciños da zona, damos traballo a máis de 10 persoas. En marzo, incorporaranse outras 9 persoas co Lugo Emprega creando, nun só un mes, 20 novos postos de traballo en Begonte”.
A mellora na rede de abastecemento en Begonte e Baamonde é unha obra moi demandada polos cidadáns debido ós continuos problemas no subministro de auga. As tubaxes atópanse danadas, feito que obriga ás arcas municipais desembolsar anualmente máis de 50.000 euros en arranxos. Ademais, a presión é insuficiente para levar a cabo as habituais tarefas domésticas nos fogares. O proxecto de mellora supera os 700.000 euros.
A Xunta elude responsabilidades
O Alcalde explicou que o Concello, ante a imposibilidade de facer cargo, pediu axuda á Xunta, administración que se comprometeu a financiar o 50%. Foi entón, cando o Rexedor solicitou a colaboración da Deputación para que o organismo provincial asumise a parte restante é dicir, o 50% que lle correspondía ó municipio de Begonte segundo os plans do Goberno galego. Gómez Besteiro indicou que, tendo en conta a necesidade destes traballos, a Deputación fíxose cargo da primeira fase do proxecto. Deste xeito, contratou obras por valor de 334.000 euros dando traballo a máis de 10 persoas do sector da construción (enxeñeiros, capataces, maquinistas, peóns, etc...) durante, alomenos, os 6 meses nos que se prolongarán estas actuacións. Pola súa banda, destacou José Antonio Vázquez, a Xunta, malia que se comprometeu a financiar estes traballos unha vez que o Concello obtivese o presuposto que se lle requiriu, non cumpriu coa súa palabra xa que non aportou nin un só euro”.
“Ó señor Feijóo non lle preocupa nada”
A este respecto, o Presidente salientou que “as palabras do Alcalde reflicten a realidade. A xente séntese desasistida pola Xunta. Os temas importantes non van con eles: o paro non lle preocupa, o abastecemento de auga non é importante..., e voltamos ó clásico engano de aportaremos parte da financiación se ti achegas a restante. Levamos dous anos sen plans que solucionen ós problemas dos cidadáns. Ó señor Feijóo non lle preocupa nada. Agora dí que o paro non é a súa responsabilizado. Estou escandalizado de ver como se pode facer tal deixadez de competencias”. Neste senso, Besteiro lembrou que a Deputación logra crear máis de 1.400 novos postos de traballo co Lugo Emprega (711), a posta en marcha dos parques de bombeiros (114), a construción das primeiras residencias e centro de día (máis de 120), ou co Pacto Provincial polo Emprego (576). “Uns estamos para traballar e outros para botar a culpa ós demais e non facer nada. A Xunta, como goberno deste Comunidade, debería liderar o proxecto no que nós si estamos a levar a cabo: o de crear emprego con cada iniciativa que impulsemos. É momento de que, dunha vez por todas, asuma as súas responsabilidades”.
Novas rutas de sendeirismo
O titular do organismo provincial e ó Alcalde de Begonte, José Antonio Vázquez, asinaron un convenio mediante o cal a Deputación aporta ó Concello 164.000 euros para a creación de novas rutas de sendeirismo nas ribeiras dos ríos Ladra e Parga.
Dentro da aposta polo medio ambiente, “a nosa oportunidade económica”, o organismo provincial comezará nas vindeiras semanas co acondicionamento de 12 rutas da provincia. Son as seguintes: no Concello lucense, Paseo do río Rato, de Lugo ó Piago e a Fervenza; na Pontenova, Seimeira; en Navia de Suarna, Retorta e Penedo da Forca; en Cervantes, de Castelo a Igrexa de Donís, e de Castelo a Moreiras; na Fonsagrada, Queixoiro, Villardiaz-San Andrés e dos Puintores. En total, realizaranse traballos de mellora en 82 quilómetros.
O Presidente aproveitou ademais a visita para comprobar o estado no que se atopa o río Ladra logo dos verquidos de gasoil por parte dunha empresa que xestiona biodiésel afincada no polígono de Begonte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario