sábado, 2 de abril de 2011

O 6 de abril rematará o prazo de solicitude para optar ós 20 empregos que ofrece o Plan para traballar nas dependencias provinciais e para a recuperación do Arquivo

Recuperación do Arquivo provincial
A Deputación abriu este venres o prazo para formalizar a solicitude para optar ós 20 postos de emprego que ofrece o Plan para traballar nas dependencias provinciais e para a recuperación do Arquivo. Deste xeito, con este programa a Deputación tamén actuará nun ámbito que ó longo do tempo non tivo a atención que merece no só como ferramenta administrativa senón como medio de conservación da historia da institución e, por tanto, da provincia.
Neste senso, do orzamento total destinaranse 250.000 á creación do obradoiro de documentación “Os arquivos do Pazo” no que traballarán 14 persoas. A seis restantes prestarán o seu servizo nos distintos departamentos da Deputación. O prazo para presentar a solicitude rematará o día 6 de abril, polo que o proceso selectivo iniciarase na primeira quincena deste mes. Deste xeito, para o Arquivo, que se emprazará no Centro de Servizos Múltiples, situado no antigo hotel Miño, destinaranse 2 dos postos de emprego, que serán ocupados por licenciados en Xeografía, Historia, Humanidades, Documentación ou outros títulos curricularmente equivalentes; 8 para ocupar a praza de auxiliares de arquivo; e 2 a de operarios. Asimesmo, para as dependencias provinciais seleccionarase a un Enxeñeiro Superior en Informática ou Graduado en Enxeñaría Informática; a 2 auxiliares administrativos; 4 vixiantes-guía; e a 1 operario

No hay comentarios:

Publicar un comentario