viernes, 25 de febrero de 2011

Historia Lucus Augusti

A cidade de Lugo está situada no noroeste de España e é capital da provincia do mesmo nome con máis de 95.000 habitantes.
Lugo, que é considerada a capital máis antiga de Galicia, foi fundada en época de Augusto co fin de anexionar ao Imperio Romano o noroeste peninsular. Así, en nome do citado emperador, Paulo Fabio Máximo funda "Lucus Augusti" (anos 14-13 antes de Cristo), sobre un campamento militar instalado en torno ao ano 25.
A cidade sería capital do Convento Xurídico Lucense, no que se integraba a Gallaecia norte. O topónimo Lucus, do que deriva o Lugo actual, procede do mesmo termo latino, que significa bosque sacro, aínda que tamén é posible que tivese unha raíz anterior, no nome do deus celta "Lugh", deus da luz, ao que se veneraría por estas terras en tempos prerromanos.
No ano 15 a.C. Paulo Fabio Máximo fundou en nome do emperador de Roma a cidade de Lucus Augusti, capital dun convento xurídico romano, un dos tres (xunto cos de Astorga e Braga) que conformaban a provincia da Gallaecia e que se estendía ata o río Douro. As minas de ouro da Gallaecia foron unha base moi importante da economía imperial, e Lucus Augusti chegaría a ser unha gran cidade provincial.
Tres séculos despois, a estrutura urbana da cidade modificouse e desprazouse lixeiramente, eran tempos críticos desde o punto de vista político e militar; polo que se ergueu unha muralla de 2.266 metros coroada por 85 poderosas torres.
Ó caer o imperio romano, a Gallaecia foi a base da monarquía sueva, o primeiro reino que se organizou nas ruínas imperiais europeas. Lugo era xa daquela unha importante sé episcopal e tivo condición de metropolitana, ó igual que Braga.
Os musulmáns tamén chegaron a Lugo. No 842 un grande exército galego reuniuse en Lugo para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I, o primeiro rei da dinastía galega.
No século VIII descubriuse a tumba do apóstolo Santiago nun lugar despoboado da actual Compostela. Un río de peregrinos comezaba a achegarse desde todos os puntos de Europa a este novo lugar sagrado. Este regueiro de xente pasaba necesariamente por Asturias e por Lugo; xa que León e Castela, eran daquela inseguros, pois estaban baixo o dominio musulmán. O Camiño Primitivo das peregrinacións tiña unha gran cabeceira de etapa en Lugo.
Lugo medrou considerabelmente ó longo da Idade Media, a pesar das disputas entre os señores laicos e eclesiásticos, o poder real e os burgueses, e o pobo.
No século XVIII comezou un novo ascenso de Lugo, que ten o seu fito simbólico na concesión de privilexio real para as feiras de San Froilán no ano 1754. Estas feiras tiveron unha enorme transcendencia para a cidade, que se foi convertendo na gran capital agraria de Galicia. Esta condición foi reforzada pola chegada do ferrocarril en 1875. As feiras de San Froilán tiñan unha extraordinaria importancia económica, abastecían de gando cabalar e mular á agricultura de León e Castela, e o ferrocarril fixo de Lugo o principal centro de comercio do gando vacún na península.
Outro feito importantísimo foi a creación de Frigsa, que foi un dos grandes matadoiros industriais de España, e que marcou a vida da cidade na segunda metade do século pasado.
Actualmente, Lugo é unha capital comercial e de servizos cun importante campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Desde a creación da Facultade de Veterinaria -a mediados dos anos oitenta- Lugo converteuse nunha das principais urbes universitarias de Galicia, só superada por Santiago.

Cronograma histórico

  • c. 15 a.C.: Fundación de Lucus Augusti, capital da Gallaecia Lucense.
  • c. 270 d.C: Comeza a construción da Muralla.
  • 460: Os suevos matan o reitor galaico-romano de Lugo e toman o poder na cidade.
  • 714: Chegan a Lugo os musulmáns.
  • 741: “Reconquista” de Lugo e inicio da mítica repoboación do bispo Odoario.
  • 832: Nace in sub urbium lucense San Froilán de Lugo, hoxe patrón da cidade.
  • 842: Ramiro I xunta en Lugo un grande exército co que conquista Oviedo.
  • 997: Resistencia lendaria contra Almanzor.
  • c. 1085: Rebelión do conde Rodrigo Ovéquiz.
  • 1088: Afonso VI outórgalles aos bispos de Lugo o señorío da cidade.
  • 1129: Comeza a construción da nova Catedral.
  • c. 1380: Rebelión semilendaria de María Castaña.
  • c. 1600: Lugo ten ao redor de 2.000 habitantes, probablemente menos da metade da poboación no Baixo Imperio.
  • 1669: Constitución da Ofrenda do Reino de Galicia ao Sacramento, que converte Lugo en capital espiritual de Galicia.
  • 1754: O rei Fernando VI concede a Lugo a celebración das feiras anuais de San Froilán. Inaugúrase a traída de augas promovida polo bispo Izquierdo.
  • 1809: En xaneiro o exército francés entra en Lugo, e é expulsado varios meses despois.
  • 1826: Lugo ten 7.200 habitantes: a poboación duplicouse no último medio século.
  • 1846: Co pronunciamento do Coronel Solís, en Lugo comeza a chamada Revolución Galega de 1846, que remataría afogada en sangue co fusilamento dos Mártires de Carral.
  • 1875: O día de San Froilán, patrón da cidade, chega a Lugo o primeiro tren.
  • 1905: Ánxel López Pérez asume a alcaldía por primeira vez. Durante os seus sete mandatos (ata 1930) fixéronse en Lugo grandes reformas urbanas, algunhas moi discutidas.
  • 1936: Asasinato xudicial ou clandestino de gran número de republicanos de Lugo. Os poemas de Luís Pimentel reflectirán o ambiente de terror que viviu a cidade.
  • 1950: Créase Frigsa, un dos grandes matadoiros industriais de España.
  • 1987: A Facultade de Veterinaria en Lugo afirma a vocación agraria do Campus lucense da Universidade de Santiago.
  • 2000: A Unesco declara Patrimonio da Humanidade a Muralla romana de Lugo.
http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_SecNivel2&cid=1189079595672&color=Rojo&ecentral=Lugo%2FCentroSeccion%2FLugoListadoTextoGenerico&idioma=es&pagename=Lugo%2FPage%2FLugoContenedor&tipoLetra=Texto1

PRESENTACIÓN



En el extremo noroeste de la Península Ibérica, en un suave promontorio al lado del río Miño, se yergue Lugo, un ayuntamiento de casi cien mil habitantes y con más de dos mil años de historia. Y al pie de la ciudad, el río Miño y sus afluentes definen una naturaleza esplendorosa.

  • Autor: Xurxo Lobato
Actualmente, Lugo es una capital comercial y de servicios con un importante campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Desde la creación de la Facultad de Veterinaria a mediados de los años ochenta, Lugo se convirtió en una de las principales urbes universitarias de Galicia, sólo superada por Santiago.
Para acceder a toda la información sobre Lugo: www.lugoturismo.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario