lunes, 28 de febrero de 2011

Datos del proyecto

Dende o punto de vista da Administración Pública, no desenrolo de programas orientados a mellorar a calidade de vida da población, un dos eixes fundamentais é o apoio á inserción no mercado laboral dos colectivos máis desprotexidos.

Para acadar este obxectivo, a formación e a capacitación profesional son dúas ferramentas imprescindibles.

O proxecto “Lugo – Pacto Provincial polo Emprego”, impulsado pola Deputación Provincial de Lugo a través do INLUDES, e cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo, facilitará formación e prácticas profesionais a máis de 500 desempregados da provincia de Lugo.

Os beneficiarios recibirán, ademáis, un apoio individualizado durante todo o proceso de inserción no mercado laboral.

O proxecto, que conta cun orzamento de 3,4 millóns de euros, vai dirixido a desempregados da provincia de Lugo (agás o Concello de Lugo, que conta co seu propio plan de emprego) e executaráse ata finais do ano 2011.

| OBXECTIVOS |

- Promover a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos.
- Implementar actuacións que axuden na creación de emprego estable e de calidade contribuíndo ao desenrolo económico sostible na provincia de Lugo.
- Loita contra a discriminación no mercado laboral.
- Promover a igualdade de xénero e de oportunidades.

Obxectivos en números

- Facilitar formación e prácticas profesionais a 540 beneficiarios.
- Insertar no mercado laboral a 250 beneficiarios.
- Creación de 6 novas empresas.
- Delas, 5 dirixidas ao establecemento de gardarías e centros ou servizos de proximidade.

| ÁREA DE ACTUACIÓN |
Toda a provincia, agás o Concello de Lugo, que accede directamente ás axudas do Fondo Social Europeo.

| ACTUACIÓNS |

ANÁLISE E DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN LABORAL E DE EMPREGO DA PROVINCIA DE LUGO
Esta primeira fase executouse entre os meses de xuño e decembro de 2009 co obxectivo de analizar, concello por concello, as empresas existentes, as necesidades de man de obra, os sectores de actividades en progresión ou en recesión e as actividades económicas prioritarias para obter, ao final, un mapa da situación actual da provincia de Lugo en relación ao emprego.

Unha vez analizados os datos, definíronse unha serie de accións formativas axeitadas ás actividades identificadas como prioritarias e aos sectores con tendencia de crecemento en cada un dos concellos.

O plan formativo resultante supera as 15.000 horas de docencia e a xestión de máis de 60.000 horas de prácticas profesionais en empresas.

Os sectores económicos nos que se decide centrar a formación, como resultado dos estudos realizados nesta fase, son os seguintes:

• Área social e sociosanitaria
• Área de hostalería
• Área de turismo
• Área de industria manufactureira
• Área forestal.

ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPREGO
Unha vez finalizada a análise e diagnóstico de situación da provincia, elaborouse o plan de emprego, cos seguintes obxectivos:

- Elaboración de estudos complementarios ao diagnóstico previo
- Actualización e concreción dos obxectivos do proxecto, sobre a base dos resultados do análise e diagnóstico previo.
- Definición do plan de actuacións a desenvolver.
- Deseño de ferramentas de información e apoio ao proxecto.

Esta fase rematou no mes de maio e desenvolveu:

Elaboración do Plan de Emprego
Constitúe a liña principal de traballo e consiste básicamente na definición dos itinerarios integrados de inserción laboral e a elaboración da metodoloxía a desenrolar na súa execución.

A partir da análise e diagnóstico previos de situación da provincia, apoiados polos estudos complementarios necesarios, identificáronse as necesidades formativas e de empregabilidade, definíronse os obxectivos concretos do proxecto e elaborouse unha proposta de actuación, na que se inclúe, para cada unha das actuacións propostas, a definición do público obxectivo, os contidos da acción, os prazos de execución, os obxectivos desa actuación e os indicadores de seguimento.

Ademáis, identificáronse os recursos económicos dispoñibles para a execución de cada unha das actuacións definidas no proxecto.

Proceso de calidade
Paralelamente á elaboración do plan de emprego, defínese un modelo metodolóxico para a execución do proxecto, no que se establece a metodoloxía coa que traballarán todos os axentes impricados no desenrolo do proxecto “Lugo — Pacto Provincial polo Emprego”, que inclúe aos técnicos do INLUDES, á asistencia técnica que participe na fase de xestión dos itinerarios integrados de inserción sociolaboral, aos técnicos de emprego dos concellos da provincia e que afecta, finalmente, aos beneficiarios do proxecto.

Xestor de Emprego
Deseñouse tamén nesta fase un xestor de emprego que permite, a través da páxina web da Deputación de Lugo, poñer en contacto ás empresas da provincia cos demandantes de emprego.

Observatorio de Emprego
Tamén nesta fase deseñouse un observatorio de emprego que permite manter actualizados todos os datos obtidos na fase de análise e diagnóstico previos á elaboración do plan de emprego, ademáis de facilitar estos datos aos axentes participantes no proxecto, a todos os concellos da provincia e ao público en xeral.

Xestor de proxectos
Por último, nesta fase desenvolveuse unha aplicación interna que permite centralizar a xestión do proxecto e o seu seguimento.

XESTIÓN DOS ITINERARIOS INTEGRADOS DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL
É a derradeira fase do proxecto e nela execútanse as accións formativas e as demáis actuacións que supoñen os itinerarios integrados de inserción, que abranguen, entre outras, a selección dos beneficiarios e o seguimento individualizado durante o proceso de orientación, formación e inserción laboral.

Partindo das necesidades identificadas nas análises e diagnósticos realizados nas fases anteriores, os itinerarios integrados de inserción sociolaboral abranguen as siguientes actuacións:

Formación específica nas especialidades identificadas como axeitadas para a inserción no mercado de traballo dos beneficiarios. Obxectivo principal: acadar a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos.

Formación transversal, común a todos os beneficiarios do proxecto, cos seguintes obxectivos:

- Fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
- Fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social.
- Fomento das novas tecnoloxías da información e comunicación.
- Fomento do coidado e respecto ao medio ambiente.
- Mellora das habilidades sociais e adquisición de hábitos laborais.
- Fomento da seguridade no traballo.

Formación complementaria, dirixida aos beneficiarios dalgunha das especialidades incluidas nos itinerarios de inserción, que lles sirva para mellorar as súas posibilidades de inserción no mercado de traballo.

Tutorías individualizadas durante todo o itinerario de inserción (captación > orientación, información e asesoramento > formación profesional e prácticas profesionais > apoio á inserción).

Información sobre o mercado de traballo, destinada a desenvolver as técnicas axeitadas ás características do individuo para a busqueda de emprego.

Apoio á creación de iniciativas emprendedoras

| COLECTIVOS AOS QUE SE PODEN DIRIXIR OS ITINERARIOS E ACCIÓNS SUBVENCIONABLES SEGUNDO COLECTIVO BENEFICIARIO |
Atendendo ás condicións establecidas pola Unión Europea, os itinerarios integrados de inserción sociolaboral do proxecto “Lugo – Pacto Provincial polo Emprego” poden dirixirse a demandantes de emprego con especiais dificultades para a súa inserción no mercado de traballo (<30 anos, >45 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade, vítimas de malos tratos, outros en risco de exclusión social,…). Neste caso, o INLUDES pode programar calquera acción formativa axeitada ao obxectivo de inserción laboral.

Para os demandantes de emprego non incluidos nos anteriores colectivos, a formación ofrecida polo Inludes restrinxirase ao ámbito da prestación de servizos a persoas con especiais necesidades (nenos, anciáns, enfermos, persoas con minusvalías, persoas en situación ou risco de exclusión social)

No hay comentarios:

Publicar un comentario